OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a obra de ampilación do saneamento no lugar da Granxa-Guillán A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de onte adxudicar á empresa Nexia Infraestructuras a obra de ampliación da rede de saneamento no lugar de A Granxa-Guillán. A actuación contratouse por importe de 25.232 euros que o Concello financiará con fondos propios dentro do Plan de Mellora do Saneamento Municipal. Os traballos permitirán dotar de servizo a varias vivendas ás que ata o de agora non chegaba a rede, e aproveitaranse para mellorar a recollida de pluviais.
06.03.2018.- Os traballos previstos consistirán na instalación dun tramo de nova canalización que discorrerá en parte por viais municipais e en parte por terreos privados. Para facer posible a obra foi precisa a coloaboración dos propietarios dos terreos afectados que, tras as xestións realizadas polo concelleiro de Relacións Veciñais, Lino Mouriño, autorizaron o paso de parte da infraestrutura e firmaron a cesión do uso dos terreos.
O novo tramo de saneamento dará servizo a unha zona á que aínda non chegaba a rede municipal. Ademais de colocar o colector de PVC, que irá conectado co colector existente, construiranse os necesarios pozos de rexistro e realizaranse as conexións de acometidas domiciliarias. Os traballos aproveitaranse tamén para instalar unha canle de drenaxe coa que reforzar a recollida de augas pluviais. Posteriormente, procederase á reposición total do firme da praza da Granxa mediante pavimento de formigón.
Os traballos teñen un prazo de execución de 1 mes.