_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Exposición Internacional da Camelia de Vilagarcía encherá de flores unha superficie de 122 metros cadrados

Un total de 30 expositores exhibirán as súas mellores flores na LIV Exposición Internacional da Camelia que se celebra a próxima fin de semana en Vilagarcía (10 e 11 de marzo). A superficie que ocuparán os stands da mostra acadará 122 metros cadrados nos que os concursantes deseñarán as súas composicións florais co obxecto de lucir do mellor xeito posible a beleza das diferentes variedades de camelia.
02.03.2018.- Ao Concello de Vilagarcía correspóndelle este ano organizar a Exposición Internacional da Camelia, evento rula anualmente entre a nosa cidade, Pontevedra e Vigo. Este mediodía pechouse o prazo de inscrición de expositores co saldo dos 30 concursantes mencionados e que proceden de diversos municipios da xeografía galega. Tamén hoxe reuniuse o xurado do Concurso Fotográfico organizado no marco do programa da Camelia. O primeiro premio, dotado con 300 euros, recaeu na fotografía titulada “Alma” da pontevedresa Tania García Garrido. Os dous accésits de 100 euros cada un viaxaron ata Ciudad Real, de donde é Andrés Fernández García, autor da fotografía “Geometrías” e a Xerez da Fronteira, de onde procede Francisco Javier Domínguez García, que firma a imaxe “Sutilieza sobre rosa”. Os fotógrafos de prensa, Martina Miser e Iñaki Abella, e a Licencia en Belas Artes, Rocío Lueiro, formaron o xurado no que o responsable de Protocolo do Concello, Ramón Reirís, actuo como secretario.

Por outra balda, lembrar que o Concello de Vilagarcía organiza de xoves 8 a domingo 11 de marzo visitas guiadas ao Pazo de Rubiáns dentro da programación da exposición da Camelia. As visitas son de balde e teñen como obxectivo facilitar aos veciños que coñeza a beleza e a variedade de camelias existentes no Pazo declarado Xardín de Excelencia. Os horarios son o xoves e o sábado ás 16:30 horas e o venres e domingo ás 11 horas. As visitas terán unha duración aproximada de dúas horas. O Concello porá un autobús con saída e regreso ao Cavadelo para trasladar aos participantes ata o pazo e traelos de volta ao remate da actividade. Os interesados deberán reservar praza remitindo un correo á dirección mail ao enderezo camelia@vilagarcia.gal

Advertir que por problemas informáticos, o enderezo indicado inicialmente ( protocolo@vilagarcia.gal ) non se atopa operativo, polo que deberán remitir as reservas única e exclusivamente a camelia@vilagarcia.gal

Esta fin de semana, en Rubiáns

Pero a exaltación da flor das Rías Baixas adiántase a esta fin de semana coa X edición da Festa da Camelia de Rubiáns coorganizada por primeira vez pola Asociación de Veciños O Souto e o Concello de Vilagarcía. A mostra inaugurarase mañá sábado, 3 de marzo, ás 18:30 horas no salón principal do centro socio cultural da parroquia coa presenza do alcalde, Alberto Varela, e poderá visitarse ata o mediodía do domingo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -