_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O Conservatorio complementa a formación do alumnado cunha longa lista de másterclass e saídas didácticas

O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Vilagarcía desenvolverá entre febreiro e maio unha intensa axenda de actividades destinadas a complementar a formación dos seu alumnado. Masterclass e conferencias a cargo de docentes de centros profesionais de Galicia e outras comunidades sobre temáticas de interese para os músicos noveis e saídas didácticas compoñen o programa deseñado pola dirección do Conservatorio en colaboración coa ANPA Atril e o patrocinio de negocios locais.
20.02.2018.- A realización de actividades complementarias para enriquecer a formación e preparación dos alumnos é unha práctica habitual do centro que dirixe Rosina Sobrido dende os seus inicios e que foi gañando peso co paso dos anos. Non obstante, neste 2018, a programación intensifícase de forma notable, posto que dende a febreiro a maio impartiranse cinco masterclass, dúas conferencias e dúas saídas didácticas que os alumnos compatibilizarán coas clases e coas actividades que tamén se desenvolven en colaboración coa Escola Municipal de Música.

As formación complementaria á puramente docente comezará os días 22 e 23 de febreiro coa masterclass de Clarinete que ofrecerá o clarinetista e Director do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Esteban Valverde.

O 2 de marzo, o CMUS recibirá a visita de David Muñóz Velázquez, profesor de Tuba do Conservatorio Profesional de Música e Danza de Gijón, que ofrecerá dúas conferencias sobre Técnicas de Respiración aplicadas aos instrumentos de vento e sobre Técnicas para un estudo eficaz da música. As dúas charlas son de balde, previa inscrición nas oficinas do centro ata o mércores 28 de febreiro, e van dirixidas a calquera persoa interesada nas mesmas non existindo requisitos previos. Estas conferencias están patrocinadas por Duende Instrumentos Musicales, Centro Polivalente Ana Mª Parada e Teetravel axencia de viaxes.


A continuación, o 8 de marzo o Departamento de Corda en colaboración coa Anpa Atril organiza unha Masterclass de Guitarra e novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da guitarra clásica. A sesión correrá da man de Oswaldo Oro, guitarrista e compositor galego gañador de numerosos concursos nacionais e internacionais.

O xoves 15 de marzo o Conservatorio organiza unha saída didáctica dirixida ao alumnado e país e nais de alumnos. Será para asistir á unha función de ópera no Auditorio Mar de Vigo, onde se representa La Traviata de Giusseppe Verdi.

Os días 16 e 17 de marzo, o Departamento de Vento-madeira organiza unha Masterclass de Frauta en colaboración coa Anpa Atril. O profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Manuel Morales será o encargado de impartila.

Xa no terceiro trimestre as actividades continuarán coa organización dunha segunda masterclass de Guitarra en colaboración coa Anpa Atril, neste caso impartida polo guitarrista Ruben Abel Pazos, Profesor de Guitarra no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias, e que terá lugar o día 6 de abril nas instalación do Conservatorio.

Pouco despois, o alumnado da especialidade de Gaita acudirá a unha saída didáctica organizada conxuntamente cos Conservatorios de Ribeira, Ponteareas, Ourense e Torroso para visitar o 14 de abril o Museo da Gaita e da Cornamusa en Ourense.

Tamén no mes de abril terán lugar os Concertos de varios Departamentos do centro, seguidos da organización dunha masterclass de Ópera a cargo de Katerina Tetryakova e que se celebrará os días 31 de maio e 1 de xuño. Esta actividade desenvólvese coa colaboración da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía.

Asistencia de balde para oíntes

A asistencia coma oínte a todas as masterclass que organiza o Conservatorio en colaboración coa ANPA Atril é sempre libre e de balde, estando aberta a asistencia a calquera persoa interesada nas mesmas, sendo soamente necesario comunicalo ao centro con anterioridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -