_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola de Música suma a intervención de músicos profesionais aos concertos do segundo trimestre

A Escola Municipal de Música de Vilagarcía inicia esta semana a programación extra escolar do segundo trimestre coa novidade de que nesta ocasión, organizado pola ANPA "Atril" contarase coa intervención de músicos profesionais. É o caso dos arxentinos Pablo Quiñones e Mariano Fernández que ofrecerán un concerto no centro do Ramal. Na axenda da programación trimestral no faltarán clásicos como o festival de danzas do mundo ou o concerto dedicado a un músico clásico e un actual. Este ano tócalles a Tchaikovsky e Michael Jackson.
17.02.2018.- O concerto didáctico" do dúo arxentino Pablo Quiñones (trompeta) e Mariano Fernández (piano) enmárcase nas actividades conxuntas entre a Escola de Música e o Conservatorio. O concerto terá lugar o martes 20 a partir das 18:30 horas na sala de concertos da escola. Ademais do alumnado do centro, asistirán educandos de grao elemental do Conservatorio. Ao remate os músicos impartirán unha máster class.

Unha das actuacións máis esperadas da Escola de Música é o Festival de Danzas do Mundo que protagonizan os educandos de menor idade do ciclo de Música e Movemento. Os alumnos de 4 e 5 anos actuarán o luns 26 de febreiro e os de 5 anos, o mércores 28. Serán na sala de concertos la escola ás 19:30 horas.

O 1 de marzo a partir das 18.30 o centro Bernardo del Río acollerá o concerto que ofrecerán alumnos do Conservatorio de distintas especialidades instrumentais.

A Semana de audicións instrumentais terá lugar do 5 ao 9 de marzo e nela os alumnos das diferentes especialidades da escola tocarán en sesións abertas ao público.

Por último, o centro do Ramal celebrará o Concerto Clausura de Trimestre que este curso dedican ao rei do pop, Michael Jackson e, no apartado clásico, a un dos mestres da música romántica, o compositor Piotr Ilich Tchaikovsky. As agrupacións da escola interpretarán un repertorio especialmente deseñado polos profesores que recolle algunhas das súas obras máis coñecidas. Será o 21 de marzo na sala de concertos da Escola de Música.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -