_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Emprego amplía o programa de cursos gratuítos de inclusión e capacitación dixital

A Concellería de Promoción Económica e Emprego presentou a programación de cursos de Inclusión e capacitación Dixitais a desenvolver este ano. Trátase de 22 accións formativas repartidas en cinco bloques temáticos que, comezando dende o nivel de iniciación en temas informáticos, van aumentando en grao de complexidade co obxecto de facilitar unha formación completa ao alumnado. Os cursos son para persoas maiores de 18 anos e a participación é gratuíta.
16.02.2018.- O concelleiro de Formación e Emprego, Juan Antonio Pérez Callón, indicou a obxectivo deste programa é facilitar o aceso, coñecemento e manexo das novas tecnoloxías a todas as persoas ademais de facilitarlles o acceso ao mercado laboral mediante a mellora de empregabilidade que supón contar cos coñecementos sobre informática e TICs que demanda calquera empresa hoxe en día. Precisamente, para que o proceso sexa máis doado, tamén haberá cursos sobre o aproveitamento das novas tecnoloxías á hora de buscar traballo, ou manexo dos medios dixitais e redes especializadas en ofertas e demanda de emprego.

O primeiro bloque será o de inclusión dixital en el inclúense os cursos dirixidos a persoas con pouco ou ningún coñecemento. Son os de Iniciación á informática e internet para adultos, Correo electrónico: webmail e Seguridade na Rede.

Cunha orientación máis profesional deseñouse o segundo bloque temático sobre Ofimática e Software Libre composto de oito cursos divididos en dous apartados. No de nivel básico impartiranse formación sobre Procesador de textos I, Folla de Cálculo I, Elaboración de presentacións I, e base de datos I. No apartado de nivel avanzado tocaranse as mesmas temáticas pero máis en profundidade e avanzando no seu desenvolvemento.

O terceiro bloque temático do programa dedícase á Administración Electrónica. E-Administración en el impartirase un curso sobre O uso do DNI electrónico e o certificado Dixital e outro de Trámites Electrónicos e administración electrónica, con especial atención á sede electrónica do Concello de Vilagarcía.

Capacitación avanzada en ferramentas TIC é o título do cuarto bloque temático no que se inclúen cursos de deseño de páxinas webs con wordpress, Cloud Computing, Programación para dispositivos móbiles, Google APPS, Retoque Fotográfico e Deseño Gráfico.

Por último, e dada a finalidade última deste programa formativo, o quinto bloque temático será o relativo á Orientación ao Emprego. Nel impartiranse cursos sobre redes Sociais e procura de Emprego, APPS Móbiles para a busca activa de emprego e sobre Elaboración de Currículos.

As accións formativas desenvolveranse na aula CEMIT do Centro de Formación Permanente de Matosinhos entre os meses de marzo a novembro e serán impartidas por persoal especializado da Consulta Kaeme. Ofértanse 20 prazas en cada curso, aínda que de haber moita demanda, repetiríase a acción formativa. As inscricións poden realizarse xa no centro de Matosinhos en horario de 9 a 14 horas.

Boa acollida da primeira edición

A Concellería de Formación e Emprego creou o ano pasado este programa formativo gratuíto de inclusión e capacitación dixital. A primeira edición contou cunha excelente acollida xa que un total de 413 alumnos e alumnas participaron nos 25 cursos que se impartiron e que supuxeron un total de 600 horas lectivas.
Para a organización deste programa formativo, o Concello dispón dunha subvención autonómica de 15.000 euros para a realización de cursos de capacitación dixital no eido da administración local, toda vez que a aula CEMIT de Vilagarcia foi declara Aula referencia da Amtega.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -