_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O Concello rexeita devolver o aval da empresa que fixo a reforma da praza de España

A Xunta de Goberno Local abordará o vindeiro luns o rexeitamento das alegacións presentadas por Stradia, SL, adxudicataria da reforma da praza de España, que reclamaba a devolución das fianza depositada no seu día. No informe elaborado polo arquitecto director da obra, base da proposta a estudar este luns, constátase que a empresa incumpriu o contrato en canto ás labores de mantemento ás que se comprometera, non só por un ano, como rezaba o concurso, senón por dous, como a empresa asumiu como mellora para obter o contrato.
17.02.2018. En consecuencia, o arquitecto conclúe que non cabe devolver a fianza. Ábrese así a posibilidade de que o Concello faga os arranxos necesarios, valorados en máis de 6.000 euros, pero con cargo ao aval da empresa, que non presentou proxecto nin presuposto para facer eses arranxos, malia o novo compromiso adquirido nas conversas mantidas co actual goberno dende abril de 2017, cando estaba a piques de rematar o período de garantía.

As obras de reforma da praza de España foron adxudicadas polo goberno de Tomás Fole (PP) en outubro de 2014. O anterior goberno tivo en conta as melloras que oferta Stradia, SL. Entre elas, o “incremento do prazo de garantía en 12 meses respecto do prazo de 12 meses fixado no prego de condicións administrativas particulares, co que o prazo total de garantía será de 24 meses”. Igualmente, o “mantemento integral e conservación da zona axardinada, en estado óptimo, con especial coidado do crecemento do céspede e podas das árbores, control do seu crecemento despois da poda, etc.. durante 24 meses”. E, por último, o “mantemento e reparación do sistema de bombeo da fonte durante 24 meses”.

A realidade, segundo se relata no informe do arquitecto, foi ben distinta. Segundo a empresa, os seus técnicos fixeron “visitas” á praza en varias ocasións. Sen embargo, e sen poder desmentir esa afirmación, o certo é que, segundo o arquitecto, “que non cortaron o céspede, non o repoboaron, non realizaron o proceso de aireación, non eliminaron as malas herbas nin o aboaron, así como tampouco o trataron contra pragas ou fungos nin realizaron poda algunha das árbores unha vez rematadas as obras e son responsables polo tanto dos danos causados pola non realización das tarefas do mantemento integral”.

As consecuencias están á vista: a terra compactouse e con iso non só impediu o normal crecemento de céspede senón que impediu que funcionase o sistema de drenaxe. Para a empresa, a causa foi o proxecto, que non estaba, ao seu xuízo, ben planteado; para o arquitecto, en cambio, non hai dúbida de que foi a falta de mantemento o que produciu o deterioro da zona de céspede, con independencia de que Stradia incumpriu todos os seus compromisos posteriores á obra. Polo tanto, a proposta técnica é rexeitar as alegacións da empresa e non devolver o aval.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -