_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Fundación de Ferrocarrís e Concello dan un paso máis no proxecto de poñer en valor o museo local

O Concello e a Fundación de Ferrocarrís Españoles deron esta semana un paso máis no seu proxecto de dotar de máis contidos e polo tanto poñer en valor o Museo do Ferrocarril sito na antiga estación do Carril. O alcalde, Alberto Varela, e o director do Museo Nacional Ferroviario de Madrid, Carlos Abellán, visitaron o centro local e mantiveron unha reunión de traballo para avanzar na colaboración. As conversas continuarán proximamente na capital de España.
16.02.2018. Carlos Abellán, que foi alumno da Escola de Aprendices de Bamio e que logo dirixiu a estación de Santiago, é bo coñecedor non só da historia do ferrocarril en Galicia e da realidade de Vilagarcía, polo que non dubidou en afirmar que é preciso poñer en valor o feito de que a cidade foi a estación término da primeira liña do ferrocarril galego, en 1873.

Tanto o Museo Nacional Ferroviario coma a Fundación de Ferrocarrís Españoles, coa que o concello está a desenvolver o proxecto da Vía Verde, teñen distintos materiais –documentais, gráficos, maquetas, etcétera - que poderían ser cedidos ao Concello para complementar as coleccións locais. Igualmente, estúdiase a posibilidade de trasladar a Vilagarcía unha das vellas locomotoras, de xeito que tamén se daría utilidade ás vellas vías do tren, na parte posterior da antiga estación do Carril, hoxe sede do museo local.

Logo da reunión de traballo mantida trala visita, as conversas continuarán proximamente en Madrid, na mesma sede do Museo Nacional, para ir concretando o novo proxecto expositivo. O alcalde dixo que aínda en pronto para avanzar que material virá para Vilagarcía, porque nestes momentos do que se trata é de “repensar” o contido do museo e a súa proposta expositiva, para convertelo nun aliciente diferenciador da oferta turística e cultural dun concello que tanto tivo e ten que ver no desenvolvemento do ferrocarril en Galicia.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -