_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello renova os convenios coas asociacións para a xestión dos centros socioculturais municipais durante 2018

Despois da aprobación e entrada en vigor do novo Regulamento de uso e funcionamento das instalacións culturais municipais que entrou en vigor o pasado 29 de setembro e dos convenios para a xestión dos centros socio culturais de titularidade municipal asinados ao abeiro desta norma respecto a ese exercicio, o goberno local xa aprobou a renovación dos acordos coas asociacións que se encargarán de dirixir as instalación durante o ano 2018.
14.02.2018.- O acordo foi adoptado pola Xunta de Goberno local na reunión desta semana e afecta a 18 centros socioculturais de titularidade municipal e a outros tantos colectivos veciñais e culturais. As entidades asinantes asumen a xestión, control e conservación dos centros a cambio dunha contraprestación económica de 1.800 euros que o Concello lles concede anualmente para financiar os gastos relacionados co mantemento e funcionamento das instalacións.

Os colectivos serán os encargados de abrir e pechar o centro, comprobar o correcto funcionamento das instalacións, velar pola conservación das mesmas e do material existente, encargarse da limpeza e vixilancia e dar parte ao Concello de calquera dano, deficiencia, deterioro ou mal estado do material, utensilios ou instalacións.

Outros compromisos que asumen os colectivos xestores son garantir a apertura do centro nun horario mínimo de 3 horas, e sempre polo tempo necesario para a realización das actividades programadas. Se o centro contase con biblioteca, esta deberá permanecer aberta e baixo o control dun adulto nun horario que se pactará en cada caso no convenio de colaboración.

Aparte da achega dos 1.800 euros para financiar os gastos vinculados a actividades culturais e de ocio, cursos de formación, equipamento, mobiliario e labores de limpeza desenroladas na Casa de cultura, as obrigas do Concello en base a este convenio son reparar os desperfectos e deterioros que polo paso do tempo e como consecuencia dun uso normal se produciran nas instalacións, materiais ou enseres do centro. En canto á xustificación dos gastos, as entidades xestoras deberán presentar un listado dos mesmos no primeiro semestre de cada ano.

As asociación que asinan os convenios son:

Centro Cultural de Cea: Asoc. MM.RR. A Piñousa
Centro Cultural de Cornazo: Asoc.VV.Agustín Romero
Centro Cultural de Faxilde: Asoc.VV. Faxilde
Centro Cultural de Carril: Asoc. Cultural Malveiras
Centro Cultural de O Piñeiriño: Asoc. VV. Breogán
Centro Cultural de Sobradelo: Asoc.MM.RR. Anduriña
Centro Cultural de Fontecarmoa: Asoc. MM.RR. Fontecarmoa
Centro Cultural de Bamio: Asoc. MM.RR. San Xinés
Centro Cultural de Guillan: Asoc. MM.RR. Xiabre
Centro Cultural de Rubiáns: Asoc. Veciñal e Cultural O Souto
Centro Cultural de Trabanca Badiña: Asoc.VV. San Miguel
Centro Cultural de Renza: Asoc. MM.RR. e Consumidoras Perla De Arousa
Centro Cultural de San Roque (Vilagarcia): Asoc. VV. San Roque
Centro Cultural de Castrogudín: Asoc. VV. San Roque
Centro Cultural de A Torre: Asoc. VV. A Golpelleira
Centro Cultural de Trab. Sardiñeira: Asoc. MM.RR. e Consumidoras De Trabanca Sardiñeira
Centro Cultural de Sobrán: Asoc. VV. San Martiño
Centro Cultural de Vilaxoán: Asoc.VV. Vilaxoán

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -