“Andante” é o título deste ano do Festival Internacional de Música Clásica organizado polo Concello de Vilagarcía. O Clasclás regresa en xuño á capital arousá coa súa versión máis feminina e protagonizada principalmente por mulleres. A gran estrela e representante da escola rusa de piano, Elisabeth Leonskaja, encabeza un cartel do que forman parte tamén Judith Jáuregui, Hanna Kandinsky, Judith Bardoleta ou a agrupación Vocalia Talde, composta integramente por mulleres. Ademais, o certame deste ano prestará especial atención á música do romanticismo e, por primeira vez, á contemporánea. Tamén teñen cabida no programa compositores galegos. |