A previsión de chuvias a partir da tarde noite de mañá, 15 de agosto, obriga a modificar a axenda das festas de San Roque. Os actos manteranse na súa totalidade, aínda que a verbena de Los Tres Latinos prevista para a noite no barrio de San Roque converterase en sesión vermú e celebrarase xusto ao remate da procesión do San Roquiño o Pequeno, é dicir, a partir da unha da tarde. |