_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | ENTROIDO 09: Sábado Inglés
Programa
  | Entroido 2016
Fecha Inicio
  | 13/02/2016
Fecha Fin
  | 13/02/2016
Horario
  | 18:00
Observaciones
 
| O Sábado de Piñata chegará a Vilagarcía con puntualidade británica, posto que esa é a data na que se celebrará o Sábado Inglés. A través da colaboración de Concello, Ahituvi e Zona Aberta, a festa coa que se pretende recuperar a tradición do Sábado de Piñata, poténciase este ano coa ampliación de horarios e a incorporación de novas actividades destinadas a todos os públicos e que comezarán xa de tarde.

Baseado sempre na temática británica, aproveitando a antiga relación de Vilagarcía coa Royal Navy e sacándolle o mellor partido ao alcume de “ingleses” co que se nos coñece no resto da bisbarra, as rúas máis céntricas da cidade engalanaranse con motivos propios de Britania grazas á participación dos establecementos comerciais que se suman á festa, e tamén dos hostaleiros. Para incentivar a participación, tamén se premiará aos locais mellor ambientados. A temática elixida pola organización este ano é o mercado de rúa de Nothing Hill.

Zona Aberta premiará ao comercio cunha semana de publicidade na radio, mentres que Ahituvi agasallará con 300 euros ao establecemento hostaleiro que, ademais de decorarse para a ocasión, aporte unha mellor animación.

Xa dende a tarde haberá actividades, animación nas rúas e un concurso infantil de disfraces no que os gañadores recibirán un vale por valor de 150 euros para compras en establecementos de Zona Aberta. E pola noite manterase o concurso de disfraces para adultos, aínda que este ano comezará un pouco antes posto que a idea é que a xente salga disfrazada máis cedo para ambientar e animar as rúas. Para iso intalaranse os fotocolls onde os concursantes poderán sacarse as fotos a primeira hora, para que o xurado poida avaliar os disfraces en perfectas condicións.

Haberá un premio individual ao mellor disfraz de 150 euros, outro de grupo de 300 euros e unha cea para dous, noite de hotel e SPA para a mellor disfraz de parella.
Os nenos tamén terán o seu propio fotocoll.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Feb 2016  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -