 Observaciones |
|
|
A banda vilagarciá presenta o seu segundo traballo discográfico, “Compañero”, concibido durante o confinamento e que inclúe un tema dedicado á Festa da Auga. Trátase dun disco máis maduro, pero que mantén a tónica das letras comprometidas e o ton reivindicativo en favor da música elaborada e do rock tradicional que xa tiña o seu primeiro traballo, “Parte Colectivo”.
A pesares da xuventude dos seus compoñentes (os catro teñen 19 años), en seis anos de traxectoria, os TNT Band contan con dúas participacións no festival estatal MusicAula School, onde acadaron o segundo posto en 2018; actuaron en festivais coma o Revenidas, o Wild Fest de Vigo e o Oeste Rock de Catoira; e tocaron en numerosos locais e salas da xeografía galega.
O deste ano será o seu segundo concerto nas Festas de San Roque, onde volverán a poñer de manifesto a enerxía e a vitalidade dos seus directos. |