_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | EXPOSICIÓN CURTAS: Ilustracións de Jesús Merino
Programa
  | CURTAS, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa 2021
Fecha Inicio
  | 01/10/2021
Fecha Fin
  | 26/11/2021
Horario
  | 09:30
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | De balde
Observaciones
 
| Na sala de exposicións do Auditorio

Jesús Merino é un debuxante xerezano de trazo limpo e rotundo que cultivou fama como debuxante de superheroes españois e que logo desenvolveu unha sólida carreira en Estados Unidos, primeiro como entintador e logo como debuxante completo, sobre todo en DC Cómics. A exposición que se poderá disfrutar en Curtas recolle unha boa mostra do seu traballo para esta editorial.

Tras gañar en 1994 un concurso patrocinado por Cómics Forum, Jesús Merino publicou varias obras na Liña Labirinto de Planeta DeAgostini: Aníbal Gris (1996) Xaque Mate (1997) e Tríada Vértice (1998). Este grupo de publicacións, cuxos creadores foron Rafael Marín e Carlos Pacheco, conformaron o universo superheroico preferido pola afección española, constituíndose nos superheroes máis identificados coa idea dun panteón español de heroes deste tipo, que se seguen lembrando con aprecio por gran parte dos lectores de cómic books.

Desde 1998 traballou como entintador do debuxante Carlos Pacheco, xunto ao que asinou traballos para Marvel Cómics e DC Cómics en series tan coñecidas como Fantastic Four, Avengers Forever ou Superman. Merino non só seguía as tramas de grafito de Pacheco -o seu veciño en Cádiz- como entintador senón que achegou expresividade ás figuras e corpo á composición, xerándose como resultado unha obra que engrandecía o traballo do debuxante. Como equipo artístico, Pacheco e Merino construíron centos das mellores páxinas de cómics de superheroes de todos os tempos.

Desde 2008 comezou a traballar de novo como debuxante en solitario, realizando varios números de Justice Society of America ata 2010, conferindo unha densidade ás páxinas desta serie como poucas veces viuse ata a súa chegada. Máis tarde encargouse do debuxo do superheroe por antonomasia, Superman, para o novo lanzamento do mesmo en 2011 como The New 52. A súa participación nos cómics do Home de Aceiro deu lugar a outras moi apreciadas polo público, como O anel negro, O reinado do xuízo final ou A caída de Camelot, na que volveu coincidir con Carlos Pacheco. Segue traballando para DC Cómics, a miúdo ligado ás cabeceiras de Superman, encargándose tamén doutras coleccións como Team 7, Futures End, The Flash, Aquaman ou Justice League, entre moitas outras.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2021  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2021. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -