 Observaciones |
|
|
FERNANDO IGLESIAS "KOHELL" Sala Auditorio
O vilagarcián Fernando Iglesias, tamén coñecido como Kohell, e un dos grandes nomes da banda deseñada galega.
Comezou a debuxar profesionalmente cara ao ano 1987, no suplemento universitario do Correo Galego. Aínda que traballou na publicidade e ilustrou libros, sobre todo considérase debuxante de bandas deseñadas, que veu publicando en varias fanzines, diarios e revistas (O Correo Galego, Diario de Pontevedra, Xornal de Galicia, Revista Compostelán, Injuve, Zona 84, Elipse, NSLM, 2veces Breve, Fronte Comixario, Barsowia, BD Banda...) dende os primeiros anos 90.
Xunto a Carlos Portela publicou entre 1993 e 1994 "Impresiones de la Isla" para Camaleón Ediciones, coa que obtivo tres nomeamentos no Salón del Cómic de Barcelona. De novo xunto a Portela e Sergi Sanjulián publicaría en 1998 "Gorka", editada por Planeta de Agostini. Logo colabora no Diario de Pontevedra e coas revistas "Retranca" e "Fiz", ata que en 2012 comeza a traballar como mestre na primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, fundada por Kiko da Silva.
En 2014 publicou unha adaptación a banda deseñada do relato Dedalus en Compostela de Vicente Risco. |