 Observaciones |
|
|
Xusto ao remate do concerto de Hens, chega o primeiro concerto de Xackal na súa casa. Tras ser nomeado finalista para os Premios da Música Martín Códax en 2021 e retornar a Galicia despois dunha década habitando o multicultural barrio de Lavapiés, o vilagarcián Nano Suárez tráenos ao fin esta “Xackal Xperience”.
As cancións de Xackal son tan capaces de levarnos á pista de baile como de emocionarnos: é unha diversión que transcende. Moi lonxe de ver unha sesión de DJ. Xackal ofrece un espectáculo con voz en directo, percusións, metais, guitarras, sintetizadores e calquera ferramenta que necesite a súa música para elevar a performance e a canción tanto no seu son inconfundible como nos seus ritmos cheos de enerxía
A súa banda xa comezou a dar acenos do seu directo en Galicia. |