_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FESTAS SAN ROQUE 2020. Axenda do día
Programa
  | Festas San Roque 2020
Fecha Inicio
  | 22/08/2020
Fecha Fin
  | 22/08/2020
Horario
  | 06:00
Observaciones
 
| SÁBADO 22 AGOSTO

12:30 – Rúas da cidade
Festaclown – Superroquiños
Espectáculo: Animacreques
Compañía: Catropés
En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

13:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Malveiras

19:30 – Praza da II República
Festaclown - 1ª Sesión
Espectáculo: Ikigai
Compañía: Su. Ma
Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.
Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

20:30 - Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Os Xirifeiros

22:00 – Praza da II República
Festaclown - 2ª Sesión
Espectáculo: Ikigai
Compañía: Su. Ma
+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

23:00 – Parque da Xunqueira
CONCERTO Son da Casa
Nacho Pérez Quinteto (formación de jazz)

O multiinstrumentista vilagarcián presenta o seu próximo disco coa súa nova banda formada por varios dos mellores músicos da escena nacional como Pablo Castaño (Santiago/New York) no saxo alto e soprano, Wilfried Wilde (Francia/Bueu) na guitarra, por unha sección rítmica orgánica e consistente con Pablo Patiño (Vilagarcía/Lisboa) no contrabaixo e Ana Sanabria (Santiago D. C.) na batería.

Unha música chea de vida e inquietude onde conviven a frescura da modernidade e o peso da tradición, con influencias de todo tipo que sen dúbida ofrecerá aos espectadores unha experiencia moi gratificante.

Con reserva previa en http://www.woutick.es

24:00 – Praias da Concha-Compostela / Carril / Vilaxoán
Espectáculo Pirotécnico Sicronizado San Roque
Fogos en altura simultáneos dende 3 puntos da costa vilagarciá para ver dende a distancia con seguridade.

Prégase non acudir as praias. Espectáculo retransmitido vía streaming na web de facebook e na canle Youtube do Concello de Vilagarcía de Arousa.

[Patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra].
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -