_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FESTAS SAN ROQUE 2020. Axenda do día
Programa
  | Festas San Roque 2020
Fecha Inicio
  | 23/08/2020
Fecha Fin
  | 23/08/2020
Horario
  | 06:00
Observaciones
 
| DOMINGO 23 AGOSTO

12:30 - Parque da Xunqueira
“As Xeneralas do Ulla”
Títeres Cachirulo
[Coa colaboración do AGADIC (Consellería de Cultura e Turismo)]
Personaxes e cabalos son marionetas talladas en madeira e articuladas sobre uns carros que permiten a visibilidade dos espectadores, xa que alcanzan os 2,20 metros de altura.

Contan un relato entre as cancións acompañadas de pandeiretas e gaita, unha mestra de cerimonias vai presentando unhas divertidas marionetas rigorosamente ataviadas coas vestimentas dos diferentes personaxes do entroido.

Con reserva previa en http://www.woutick.es

13:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo

20:30 - Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Airiños do Carril

19:00 - Parque E. Valdés Bermejo
Folk no Alobre
Xestiona: Pés de Barro
Organiza: Concello de Vilagarcía de Arousa

Concertos Folk no Alobre:

19:00 - Abóbriga
Música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e tamén con temas persoais que reflicten o aire que teñen as composicións que xa consideramos de corte tradicional. Todo elo cunha mestura de gaitas e percusión tradicional sumadas a unha base harmónica proporcionada polo acordeón e dous instrumentos máis xogando coas propias melodías, desfacéndoas e propoñendo outras novas dentro da principal.
Sen esquencernos das voces, sempre con historias que contarnos.
Con reserva previa en http://www.woutick.es

19:50 - Visita guiada polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo con Xurxo Souto e un grupo tradicional

21:00 - Susana Seivane
Seivane é un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Susana de nova entra en contacto con mestres gaiteiros que influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Non tardou moito en gañarse a admiración e o respecto do mundo da gaita en Galicia, comezando aos 10 anos a dar concertos por todos os recunchos do país.

Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do mítico grupo Milladoiro como artista convidada. A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, o abre ás influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal. Unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.

Con reserva previa en http://www.woutick.es

22:00 – Xunqueira
Cine na rúa
Angry Birds 2
Secuela da película "Angry Birds" na que Red, Chuck, Bomb e o resto dos seus amigos con plumas son abordados por un porco verde que lles pide que se unan para loitar contra unha ameaza común. As aves agresivas dunha illa cuberta de xeo planean usar unha arma caseira para destruír o modo de vida das aves e os porcos. O grupo deberá infiltrarse na illa e deter o dispositivo.

Duración: 96 min. Xénero: Animación
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
voluntariadogalego.org
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2022. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -