 Observaciones |
|
|
Vilagarcía conserva a tradición de adiantarse 12 horas á celebración do Aninovo. A Praza de Ravella volve a ser o escenario da multitudinaria Festa das Uvas, na que todos os presentes poderán ensaiar a mediodía, a festa que se repetirá pola noite. Poderán facelo bailando, cantando e tomando as uvas - ou gominolas ous máis cativos-ó son das doce camapanadas do reloxo do Concello.
As actividades de animación comezarán ás 10.30da mañá con sorprendentes pasarrúas polo centro da cidade e que rematarán en Ravella. A festa prolongaranse ata as dúas da tarde, tendo como momento álxido, a toma das uvas ás 12 do mediodía.
En Ravella haberá animación musical, un espectáculo con acrobacias aérea a cargo da compañía Pablo Méndez, discoteca móbill e moitas máis sorpresas. E tras as uvas o concerto do grupo Broken Peach.
Como de costume, a Concellería de Xuventude, organizadora do evento, distribuirá de xeito gratuíto as bolsas coas 12 uvas, as bolsiñas de gominolas, copas de espumoso de albariño "Alma Atlántica" e de cava, e outras sopresas, para que non falte ningún ingrediente para a celebración. |