Observaciones |
|
|
"Iribarne" é a aplaudida proposta da compañía Butacazero, unha comedia con ritmo frenético onde o elenco -integrado por Xurxo Cortázar, Jorge de Arcos, Esther F. Carrodeguas, Mónica García, Anxo Outumuro e Lidia Veiga – vaise relevando sobre o escenario para interpretar a Manuel Fraga e contar cun tono cómico, a vida e traxectoria do que fora ministro durante a ditadura de Franco, un dos "pais" da Constitución Española e presidente da Xunta de Galicia.
|