 Observaciones |
|
|
Promovida polo Concello de Vilagarcía, a Noite das Meiga regresa con 9 poboados meigos, animación, queimada, rosqueillas e moitas máis tapas doces e salgadas.
A festa comeza ás 22.30 horas. O conxuro da queimada farase ás 00.00 horas na praza de Galicia a cargo de Clámide.
VAs pallozas dos poboados instalaranse na Avenida da Mariña, a Praza da Independencia, a Praza de Galicia (onde os compoñentes de Clámide representarán o conxuro da queimada ás 12 da noite), a Rúa Castor Sánchez, os Xardíns da Praza de España, a Rúa Baldosa, a confluencia entre a Praza de Galicia e Rey Daviña, Castelao e na Praza do Castro.
Os nove colectivos veciñais e culturais do municipio que serán os encargados de animar os poboados meigos son O Noso Lar, a asociación Fontefría de Guillán, o Taller de Teatro Clámide, a asociación A Cantarela, a Protectora de Animais, Zona Aberta, As Cantareiras Bulideiras, Os Remolóns e a Peña Junquera “Os de Sempre”. |