_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FOLK NO ALOBRE: Concertos
Fecha Inicio
  | 22/08/2021
Fecha Fin
  | 22/08/2021
Horario
  | 18:00
Precio
  | Entrada de balde ata completar aforo 30 minutos antes da actuación.
Observaciones
 
| O Parque Enrique Valdés Bemejo acolle a romaría urbana organizada polo colectivo Pés de Barro coa colaboración da Concellería de Cultura. O xardín botánico acolle durante toda a xornada obradoiros, visitas guiadas ao castro e os seguinets concertos:

18:00 BOUBA PANDEREITEIRAS

Un grupo de mozas da zona de Tordoia centran os seus esforzos en recoller a música tradicional do país para podela amosar polo mundo adiante. María da Pontragha, Carme da Pontragha, Olga de Chee Maca do Piñeiro son Bouba Pandereteiras

CLARA PINO & PABLO VIDAL e banda

Clara Pino (arpa celta, voz) compaxina a súa labor como docente coa creación musical. Entre os seus traballos discográficos cabe destacar “Sete Saias”, “Loaira” e “Un dedo manchado de tinta”. Mencionar tamén o premio otorgado pola Consellería de Educación co proxecto “A música desde o silencio” que inclúe a creación do tema e videoclip “Contracorrente”, no que participa Pablo

Vidal. Colabora nos proxectos de música infantil “A nena e o grilo nun barquiño” “Pitusa Semifusa” e “Alegría”.
Pablo Vidal (contrabaixo, voz) conta cunha longa traxectoria musical que abrangue desde o jazz, o rock, á música orquestral e infantil, e múltiples colaboracións no panorama musical galego (Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Xoán Curiel, etc.), ademais de formar parte da banda Sons Miúdos. Entre os seus últimos traballos discográficos destacan “Tatán Chapeu”, “Jazz Pagano” (Pablo Vidal Trío), Os Resentidos & Lira Big Band, A Doce Vita Sons de Cine, e “Nowhere”, xunto con Clara Pino.

21:00 XOSÉ LOIS ROMERO e ALIBORIA

Se a terra latexa, alguén terá que facer de médium para traducir ese latexo en son. Xosé Lois Romero & Aliboria son o proxecto indicado para trasladar o bruar da terra, algo que chega dende o corazón, pero que pasa polas vísceras, e se convirte nunha sorte de zunido tribal, de folclore racial, de estalido musical.



   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2021  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -