O pavillón municipal de deportes da rúa Castealo chámase dende hoxe Pavillón Castelao-Helena Mariño en honor da que fora xogadora do Cortegada e en recoñecemento da intensa labor realizada ao longo da súa vida na promoción e formación do baloncesto en Vilagarcía. A homenaxe concretouse este mediodía nas céntricas instalacións municipais cun acto ao que, ademais da familia de Helena e de membros de todos os grupos da Corporación Municipal, asistiron representantes de distintos clubs deportivos da cidade, amizades, compañeiros e mesmo nenos e nenas aos que adestrou na práctica do baloncesto. |