A Escola Municipal de Música Bernardo del Río abre a vindeira semana o prazo de matriculación para alumnado de novo ingreso. As persoas, tanto nenos e nenas como adultos, que desexen iniciarse na música e aprender a tocar un instrumento, deben solicitar praza entre o 22 e o 30 de abril presentando o formulario debidamente cuberto a través da sede.vilagarcia.gal ou do correo escolamusica@vilagarcia.gal . Quen non dispoña de medios telemáticos poderá achegar a documentación á Secretaría do centro en horario de 10 a 13.30 horas. O formulario pode descargarse da web do centro http://www.emmusicavilagarcia.com ou da sede electrónica do Concello (formulario 13001).