O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, xunto co rexedor de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, a tenente de alcalde, Tania García, e directivos das comunidades de montes de Cea-Castroagudín e de Saiar, visitaron este mediodía a “zona cero” do incendio forestal que a semana pasada calcinou 450 hectáreas do monte Xiabre en terreos de ámbolos dous municipios. En medio dunha estampa desoladora dominada pola cor negra dos restos queimados, Varela anunciou que o Concello de Vilagarcía implementará a partida de 80.000 euros que destina anualmente á conservación e mantemento dos montes do municipio co obxecto de axudar á recuperar canto antes a superficie queimada neste último incendio. |