As medidas de xestión eficaz do consumo eléctrico en Vilagarcía de Arousa permitiron á cidade diminuír o consumo en catro anos en 1,5 millóns de kwh/ano, é dicir, un 21% menos. Malia o brutal incremento dos prezos como consecuencia da crise enerxética mundial derivada da guerra de Ucrania, o certo é que esas medidas permitiron ao concello aforrar 333.000 euros a súa factura nese período. Despois de dous anos de fortes subidas do prezo, dende este ano a factura comezou a baixar tras pasar a consumo á modalidade de mercado libre. |