A firma Schindler inicia a semana que vén os traballos contratados polo Concello para renovar o ascensor do paso soterrado da Escardia e poñer fin ás continuas avarías que o antigo elevador estaba dando. A administración local inviste 48.400 euros na actuación que consiste na substitución da maquinaria actual por un modelo máis seguro, accesible e eficiente, cun maior rendemento, e que mellorará a prestación aos usuarios. |