Coa primavera e a chegada do bo tempo regresa tamén as rúas de Vilagarcía o Ágora Vermú, o ciclo de concertos matutinos organizado pola Concellería de Cultura que despega o domingo 12 de maio. A edición de 2024 levará a música en directo de destacados grupos galegos por distintos lugares do municipio. Aos escenarios de Vilaxoán, Carril, Piñeiriño e Méndez Núñez súmase este ano o barrio de Os Duráns, que tamén contará cun concerto ao aire libre para o deleite da veciñanza e de todas as persoas que desexen gozar dunha animada sesión vermú. O cartel deste ano compóñeno Adrián Costa, Fla-mencos, Néstor Pardo, Las Antonias e Onfire Quartet. |