|
AVISOS
As rúas Vista Alegre, Manuel Antonio e un tramo de López Cuevillas cambian o sentido da circulación a partir do luns |
 |
A reordenación do tráfico rodado na zona da Xunqueira como consecuencia da nova glorieta que se está a construír no cruzamento da avenida de Cambados porase en marcha o vindeiro luns, 6 de febreiro. A partir das 8.00 da mañá dese día, as rúas Vista Alegre e Manuel Antonio mudan o sentido da circulación, polo que os vehículos que desexen acceder ao centro comercial da Xunqueira dende a zona da glorieta deberán entrar a través da Rúa Vista Alegre e logo xirar á dereita para continuar por López Cuevillas ou saír por Manuel Antonio cara a avenida de Cambados. É dicir, en sentido contrario ao que se viña facendo ata o de agora. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|