Tal e como anunciara o alcalde na aprobación do presuposto xeral, o pasado xoves, a Xunta de Goberno Local aprobou este luns a proposta da Concellería de Promoción Económica pola que se destinan outros 200.000 euros ás axudas directas aos establecementos que, por mor da pandemia, ou ben tiveron que pechar ou ben viron diminuídos os seus ingresos en ao menos un 40%. A medida súmase aos 400.000 euros que xa aprobaron o ano pasado con idéntico motivo, e aos case 200.000 máis que o Concello destina aos bonos “Son da Casa” en fases sucesivas. |