No marco das medidas para impulsar e facilitar o uso da bicicleta como medio de desprazamento cotiá pola cidade e tamén para cubrir o baleiro legal existente na actualidade no que ao uso de asentos adicionais e uso de remolques en ciclos se refire, o goberno local de Vilagarcía eleva ao Pleno do xoves a inclusión destes supostos na Ordenanza Municipal de Circulación.