|
EDUCACIÓN
Vilagarcía e USC reeditan en abril os seminarios para maiores de 50 anos cun aforo que se amplía ata as 100 prazas |
.gif) |
O cursos para maiores de 50 anos que a Universidade de Santiago de Compostela organiza en colaboración co Concello de Vilagarcía baixo o título de “Camiños do Coñecemento” regresan en primavera ao Auditorio Municipal. O programa desenvolverase entre o 17 ao 28 de abril e consistirá na impartición de tres seminarios de dúas xornadas cada un. As temáticas deste ano son Soidade non desexada, A carta xeográfica de Galicia de Domingo Fontán e Para que serven os insectos? A novidade deste ano é que se duplica o número de prazas, ata un total de 100. A asistencia é de balde, previa inscrición que se poderá realizar ata o 10 de abril. As prazas cubriranse segundo orde de inscrición. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|