A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de onte as bases que rexerán a convocatoria da liña de axudas que o Concello ofrece á iniciativa privada para potenciar a creación ou consolidación de emprego. A concellería de Promoción Económica e Emprego, da que parten estas subvencións, elevou por segundo ano consecutivo a partida que se eleva a 50.000 euros, 6.000 máis que o ano pasado. |