A Concellería de Promoción Económica de Vilagarcía vén de poñer en marcha unha nova iniciativa destinada a impulsar o comercio e a hostalaría locais. Trátase do Programa de Titorización para a Mellora da Competividade, que se desenvolverá ata o mes de xuño, e a través do que de ofrecerá formación individualizada e adaptada á actividade de cada negocio. A iniciativa inclúese no proxecto “Vilagarcía Viva”, financiado cos fondos europeos Next Generation. |