|
CONCELLO
O Concello adxudica o luns a construción da nova Biblioteca Municipal a Obras Gallaecia por 1.648.266 euros |
.gif) |
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vilagarcía completará o luns o proceso de licitación dunha das obras más necesarias e esperadas na cidade: a construción da nova Biblioteca Municipal nos locais da Rúa Castelao adquiridos previamente ao Liceo-Casino. Será mediante a adxudicación á empresa Obras Gallaecia S.L. da obra por importe de 1.648.266 euros (IVE incluído), o que supón unha rebaixa de 119.776 euros respecto ao prezo inicial de licitación. Unha vez presenten a debida documentación e se asine o contrato, a adxudicataria disporá dun prazo de 12 meses para finalizar a obra. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|