|
TERCEIRA IDADE
Os obradoiros de envellecemento activo regresan na modalidade a distancia e con seguimento “online” |
 |
Os obradoiros de envellecemento activo que dende hai anos organiza a Concellería de Persoas Maiores de Vilagarcía regresan este ano adaptados ás novas circunstancias impostas pola pandemia. As actividades impartiranse a distancia e cun seguimento “online” que se axustará ás capacidades dixitais de cada usuario. Pese á dificultade que supón a realización destes obradoiros de forma non presencial para este colectivo en concreto, o departamento que dirixe Tania García considera máis necesario que nunca manter as actividades de envellecemento activo para tratar de frear os efectos negativos que o distanciamento social pode causar aos maiores, considerados de alto risco respecto ao covid e que, polo tanto, para autoprotexerse, son máis estritos co grao de illamento. |
|
|
|
|
|
 |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
 |
|
 |
|
|
 |
|
|
|