Unha semana antes que o ano pasado, os 161 beneficiarios das axudas municipais para estudos superiores xa teñen ingresadas nas súas contas as bolsas concedidas polo Concello de Vilagarcía. O trámite en tesourería completouse o mércores co envío das ordes de pago ese mesmo día ás respectivas entidades bancarias, polo que a día de hoxe todos os estudantes subvencionados xa teñen recibido a axuda. Dado o carácter social destas axudas, os servizos municipais axilizaron ao máximo a tramitación e, pese ao paro da actividade sufrido durante o confinamento, as bolsas foron ingresadas unha semana antes que o ano pasado, cando o abono se completou a terceira semana de xaneiro. |