O martes 23 de abril de 2024 xa quedou marcado na recente historia da cidade como o día en que, por fin, despois de máis dun ano de obras e un investimento de preto de dous millóns de euros, os vilagarciáns puideron desfrutar da nova biblioteca. “O resultado é marabilloso”, dixo o alcalde, Alberto Varela, dúas horas despois de abrir as súas portas. Os habituais da biblioteca foron os primeiros en chegar, pero tamén houbo moitos veciños que aproveitaron para coñecer as novas instalacións e mesmo darse de alta no servizo. |