O VaiBus!, o abono transporte subvencionado polo Concello de Vilagarcía, foi unha das iniciativas máis innovadoras e polas que máis apostou o goberno de Alberto Varela neste mandato. A medida, que dende o principio contou cunha excelente acollida por parte dos cidadáns, seguiu evolucionado de forma moi positiva nos seguintes anos. Tanto, que ao longo do ano 2018, os vilagarciáns realizaron un total de 122.079 viaxes nas liñas de transporte facendo uso da tarxeta do VaiBus!. Igualmente bos son os resultados do servizo ao Hospital, o VaiBús+!, no que o ano pasado se desprazaron 12.293 persoas. |