|
O Auditorio de Vilagarcía pecha a programación cultural do mes de xaneiro o sábado, 28, cun espectáculo de primeiro nivel: A representación de “Golfus Hispánicus” a traxicomedia musical escrita, dirixida e protagonizada polo showman galego Moncho Borrajo e coa que está triunfando en Madrid onde permanece en cartel dende a súa estrea no Teatro Amaya e coa que vén de iniciar unha xira polos principais escenarios de Galicia. |